O BNG denuncia a retención de fondos en Ourense por quinto mes consecutivo, cun importe de 3.051.657,20 euros neste último período e un total acumulado de preto de 13,7 millóns de euros.
O portavoz nacionalista, Luís Seara, asegura que esta situación evidencia un “caos e colapso económico” no Concello e que dificulta a xestión diaria. Ademais, lembra as débedas con provedores e o elevado volume de facturas pendentes.
O BNG denuncia cinco meses sen fondos en Ourense
O grupo municipal reclama medidas urxentes para recuperar os fondos e reducir a morosidade, e responsabiliza ao goberno local liderado por Gonzalo Pérez Jácome.


