O concello de Ribadavia mellora o servizo de axuda a domicilio que actualmente atende a un centenar de persoas ó mes.
As traballadoras do Servizo de Asistencia no Fogar de Ribadavia poderán dispor dunha maior flexibilidade na elección dos seus períodos de vacacións tralo acordo alcanzado con concello.
Ribadavia mellora o servizo de axuda a domicilio
O concello abriu unha bolsa de postos de traballo para atender de forma temporal aquelas necesidades que sexa preciso cubrir en ausencia dos traballadores actuais. O prazo para inscribirse nesta bolsa permanece aberto ata o 14 de novembro.
Desta forma, o servizo que o concello presta está garantido. Brais Fidalgo, concelleiro de dereitos sociais, destaca as cifras que este servizo ten na actualidade:
- 97 usuarios de media ó mes en 2021 (86 usuarios de media en 2020),
- 1.810 horas de servizo/mes
- 129 usuarios e 18.086 horas de atención ata o 31 de outubro de 2022.
O servizo de axuda no fogar que presta o concello de Ribadavia é totalmente público. Os usuarios deste servizo asumen taxas asumibles que varían en función da súa renda e patrimonio.