Noticias

Ribadavia pon en marcha solucións para garantir o abastecemento de auga

O concello de Ribadavia pon en marcha solucións para garantir o abastecemento de auga á poboación tras decretar o nivel de Emerxencia Municipal.

A situación á que se enfrontan numerosos concellos da provincia de Ourense obriga desde fai semanas a pedir un uso responsable da auga ante a preocupante situación das captacións de abastecemento.

Ribadavia pon en marcha solucións para garantir o abastecemento de auga

Un dos concellos que afronta unha situación máis complexa é Ribadavia. Tras as iniciais chamadas á moderación no consumo de auga, o goberno municipal decretou o nivel de Emerxencia Municipal e puxo en marcha medidas de carácter urxente.

Estas medidas implican a cooperación con outras administracións públicas que se están xestionando desde o goberno municipal. Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, está xestionando en primeira persoa as accións a desenvolver para garantir o abastecemento.

3 camións cisterna están trasladando auga desde o Avia á ETAP de Ribadavia tras recibir a autorización da Confederación Hidrográfica. Os 200.000 litros de auga que os camións trasladaron á ETAP nas últimas 24 horas non foron suficientes para cubrir o consumo de 500.000 litros da poboación.

Ribadavia pon en marcha solucións para garantir o abastecemento de auga
Camión cisterna

Unha obra de urxencia permitirá construír no menor tempo posible unha tubaxe que conecte directamente o Avia coa ETAP. Esta obra xa se iniciou mediante a limpeza da zona e o estudo cartográfico e de capacidade hidráulica. Durante a xornada de hoxe está previsto a apertura das gabias onde se soterrará a tubaxe de captación.

A Deputación de Ourense e os concellos de Beade e Carballeda de Avia están colaborando co goberno municipal. Esta colaboración institucional realízase mediante a cesión de vehículos e acceso á captacións de auga.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba