Eventos

Ribadavia prepárase para a Feira do Viño do Ribeiro

A localidade de Ribadavia prepárase para a 61ª Feira do Viño do Ribeiro que terá lugar os días 2, 4 e 5 de maio de 2024.

O recinto que acollerá este evento tan importante para a promoción do viño do Ribeiro será a Alameda de Ribadavia.

Ribadavia prepárase para a Feira do Viño do Ribeiro

Nesta edición, a organización reunirá a un total de 36 colleiteiros e adegas que mostrarán a calidade dos seus viños os centos de visitantes que se achegarán neses días a Ribadavia.

Unha das novidades que atoparemos na edición de 2024 será a zona gastronómica. Neste espazo contaremos con dúas opcións diferentes. A primeira será un restaurante con tres menús diferentes e con capacidade para un total de 150 persoas. A outra zona será a «Zona de Tapeo» e nela poderemos atopar unha pulpeira, posto de queixos e un poso de Coren.

O programa de actividades previsto para a edición de 2024 inclúe catas comentadas, showcookings, actuacións musicais, zona infantil, RibeiroBUS ou visitas guiadas ó Castelo e ó Museo do Viño de Galicia.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.