O concello de Ribadavia recibe un premio pola súa xestión enerxética que permitiu reducir o consumo eléctrico de forma considerable.
O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia outorgou ó concello de Ribadavia un dos Premios Galicia de Enerxía.
Ribadavia recibe un premio pola súa xestión enerxética
Este recoñecemento chega tralo esforzo realizado pola administración local nos últimos meses. Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, recollerá este galardón nun acto que terá lugar este venres.
Dos 2055 puntos de luz cos que conta o concello de Ribadavia, máis do 70% foron renovados recentemente. Esta mellora permite contar cun sistema de iluminación máis eficaz e cun menor consumo enerxético.
Tamén actuou o concello sobre o paso existente na marxe dos Río Miño e o Río Avia. Nos espazos onde non existía iluminación, o concello de Ribadavia instalou novas luminarias para favorecer o uso deste espazo de lecer e deporte.