Noticias

Ribadavia terá unha importante oferta de conciliación durante o Nadal

O concello de Ribadavia terá unha importante oferta de conciliación laboral e familiar durante o período de Nadal de 2022.

As vacacións de Nadal son unha época que os cativos agardan con especial ilusión. Un espazo de tempo onde a actividade lectiva é substituída por descanso, lecer e ilusión.

Ribadavia terá unha importante oferta de conciliación durante o Nadal

Non podemos esquecer que o feito de non ter actividade nos colexios pode supor unha quebradura de cabeza para moitas familias. Fogares onde os horarios de traballo fan difícil a importante labor de coidar á rapazada.

No concello de Ribadavia, o servizo de conciliación RIBANADAL estará activo un ano máis entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro de 2023. Esta actividade, organziada polo concellaría de Dereitos Sociais permitirá contar cun servizo de conciliación polas mañás e polas tardes.

RIBANADAL 2022

Dende o 23 de decembro de 2022 (primeiro día non lectivo) ata o 5 de xaneiro de 2023, Ribadavia terá en funcionamento esta actividade de lecer. Polas mañás estará activo un servizo de conciliación e polas tardes estarán en funcionamento un conxunto de actividades no Pavillón.

Ribadavia terá unha importante oferta de conciliación durante o Nadal

Servizo de conciliación polas mañás

O servizo de conciliación do que poderán gozar as familias durante o Nadal terá un horario de 9 a 14h. As mañás de noite boa, fin de ano e reis estará aberto este servizo que só pechará os domingos durante o Nadal.

A inscrición no servizo de conciliación de Nadal en Ribadavia estará aberto entre o 1 e o 15 de decembro no departamento de servizos sociais.

O custe do mesmo será:

25€ – empadroados
50€ – non empadroados

Os cativos que só se inscriban durante o período de decembro ou de xaneiro pagarán un prezo reducido de 15€ (empadroados) e 25€ (non empadroados). Tamén existen descontos para Familias numerosas, monoparentais, a partir do segundo irmán ou nenos e nenas con discapacidade. Neses casos, o custe do período completo será de 15€ (empadroados) e 40€ (non empadroados)

Actividades lúdicas polas tardes

A participación nas actividades que se realizarán polas tardes será totalmente gratuíta. O horario deste espazo lúdico de Ribadavia será de 16:30h a 19:30h (excepto domingos, noite boa e a noite de reis).

O espazo estará dividido en tres áreas:

  • Espazo Infantil
    1 Inchable 5×5 (Plataforma)
    1 Inchable 8×6 (Plataforma con rampa)
    1 Inchable 6×4 (Rampa)
    Xogos tradicionais e de habilidade para nenos/as de pequena idade.
  • Espazo Xoven
    1 Gincana inchable de 27 x 5
    1 circuíto de triciclos hinchable Razer Derrape
    1 Futbolín Humano hinchable 12 x 5
    2 Tobogán 7x5x3
    Tiro ó arco,
    Bádminton,
    Conecta 4 Xigante e
    Xogos populares.
    Disco Movil permanente.
  • Espazo Obradoiros
    Obradoiro globofléxia
    Obradoiro Manualidades
    Obradoiro de chapas
    Obradoiro de Maquillaxe
    Obradoiro de Tatoos
    Visita de Mickey e Minnie Mouse, Goofy, Donald e Daysi e
    o día 24 Visita de Papanoel con bolsiña de chuches para os nenos e Actuación Mago.

Botón volver arriba