Ribeiro en Común pide solucións coas Termas de Prexigueiro e solicita a convocatoria dunha reunión do Padroado.
Esta entidade leva «demasiado tempo e sen convocarse» segundo indican desde a formación do ribeiro.
Ribeiro en Común pide solucións coas Termas de Prexigueiro
Ribeiro en Común solicita ó alcalde de Ribadavia que actúe e convoque o padroado termal de Prexigueiro para atopar solucións ás disputas xurdidas.
Ademais, desde Ribeiro en Común lembran que fai anos se tramitou a construción dunha senda peonil que non avanza por falta de investimento. Solicitan á Deputación de Ourense, redactora do proxecto, un maior investimento para poder construír esta senda peonal que unirá Ribadavia coas Termas de Prexigueiro.