Noticias

Manuel Pardo chama a celebrar o San Xoán sen deixar pegada ambiental

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a área recreativa municipal das Pontes, no Pereiro de Aguiar, acompañado do alcalde, Luis Menor, para difundir a campaña «Reciclar é coidar«.

Esta campaña busca fomentar unha celebración do San Xoán respectuosa co medio ambiente.

Manuel Pardo chama a celebrar o San Xoán sen deixar pegada ambiental

Durante a visita, Pardo fixo un chamamento a manter limpas as áreas de lecer e as praias fluviais, apostando por reducir a xeración de residuos. Entre as recomendacións destacan calcular ben a comida e a bebida necesarias para evitar desperdicios, utilizar vaixela e bolsas reutilizables e priorizar produtos a granel.

Manuel Pardo chama a celebrar o San Xoán sen deixar pegada ambiental
Foto: Delegación da Xunta

O delegado lembrou tamén que as fogueiras están prohibidas en espazos naturais protexidos, pediu evitar o uso de altofalantes de gran potencia e recomendou que nas cacharelas só se queime madeira. Ademais, incidiu na importancia de recoller e separar correctamente todos os residuos ao rematar a celebración.

Botón volver arriba