O SANYSEC – Club Ourense Atletismo logrou excelentes resultados no Campionato de España Sub-20 ao aire libre, celebrado en Albacete, coa participación de doce atletas.
A mellor actuación chegou da man de Iria Solera, que se proclamou subcampioa de España en salto de altura cun rexistro de 1,74 metros.
Iria Solera, subcampioa de España en altura

Tamén destacou África Carrasco, quinta nos 5.000 metros marcha cun tempo de 25:46.34, mentres que Icía Ares foi oitava nos 5 quilómetros marcha con 26:01.06.

En 1.500 metros, Irene Navarro rematou sétima na final tras establecer a súa mellor marca persoal nas semifinais, con 4:32.77. Susana Padrón foi sétima na súa eliminatoria, cun tempo de 4:56.
Naroa Pereira ocupou a novena posición nos 3.000 metros obstáculos, con 11:46.47. Pola súa banda, Rocío Marín foi oitava na súa eliminatoria de 100 metros valos, cun rexistro de 15.74.
Nas probas de velocidade, Irene Serantes foi quinta na súa eliminatoria de 100 metros, con 25.70, mentres que Arancha Vázquez rematou sexta nos 100 metros lisos, cun tempo de 12.51. Joel Osono foi sexto na súa serie de 200 metros, con 22.76.
En salto con pértega, Miguel Carvajales realizou tres intentos sobre 4,68 e 4,78 metros. Finalmente, Raúl Gude foi décimo terceiro no lanzamento de martelo, cunha marca de 49,05 metros.
O club ourensán destaca o rendemento dos seus doce atletas e o traballo desenvolvido durante toda a tempada, nun campionato que volveu poñer de manifesto o nivel da canteira do SANYSEC – Club Ourense Atletismo.

