O Sanysec–Ourense Atletismo asinou unha actuación destacada no Campionato de España Sub18, disputado en Castellón, ao conquistar catro medallas de ouro e unha de prata.
Estes resultados permitíronlle finalizar na cuarta posición da clasificación por clubs por postos de finalista.
O Sanysec–Ourense Atletismo conquista cinco medallas no Campionato de España Sub18
As grandes protagonistas do campionato foron Aitana Capeáns, que se proclamou campioa de España en dúas disciplinas. A atleta ourensá logrou o ouro no lanzamento de disco cun mellor intento de 42,01 metros. Esta supuxo ademais a súa mellor marca persoal, e tamén no lanzamento de peso, cun rexistro de 15,38 metros.
Tamén subiron ao máis alto do podio Irma Veiguela, vencedora dos 1.500 metros cun tempo de 4:29.11, nova mellor marca persoal, e Sabela Castelo, que conquistou o título nacional nos 3.000 metros lisos ao deter o cronómetro en 9:50.27.

A quinta medalla para a expedición ourensá chegou da man de Noa López. Esta conseguiu a prata no lanzamento de martelo cun mellor rexistro de 59,07 metros.
Ademais dos metais, o club sumou outros tres postos de finalista. Javier Cid foi cuarto en martelo con 61,59 metros, Mario Lorenzo terminou sétimo nos 2.000 metros obstáculos con 6:00.21. Pola súa parte, Sabela Vázquez finalizou oitava no lanzamento de peso con 11,72 metros.
Completaron a participación do Sanysec–Ourense Atletismo Irene Conde, novena en martelo; Hugo Novoa, noveno en disco e décimo en martelo; e Rebeca Fernández, décima en salto con pértega. Pola súa banda, Usúe Bernárdez e Claudia Pérez competiron nas semifinais das súas respectivas probas. Ambas finalizaron nos postos 31 e 35 por tempos, sen acceder á final.

