A sentenza contra o cesamento da tesoureira en Ourense reforza, segundo o BNG, as críticas á xestión do executivo municipal.
O portavoz nacionalista, Luís Seara, asegura que a resolución xudicial evidencia “unha política de persoal baseada nas ameazas, no acoso e na intimidación” e denuncia que as decisións do alcalde responden a criterios subxectivos e non á mellora do funcionamento do Concello.
O BNG ve na sentenza da tesoureira outra condena ao goberno local
Desde o BNG insisten en que “sexa o alcalde quen asuma as consecuencias económicas” das decisións anuladas pola xustiza.

Imputación do alcalde
Sobre o auto que imputa ao rexedor por un presunto delito de prevaricación, Seara pide “deixar traballar á xustiza”, aínda que afirma que os feitos coinciden co denunciado polo seu grupo.
Finalmente, lamenta que Ourense volva estar no foco por “comportamentos presuntamente delictivos” do alcalde.

