O PSdeG-PSOE de Ourense levará ao pleno da Deputación unha iniciativa para crear un Sistema Provincial Unificado de Emerxencias, co obxectivo de mellorar a coordinación na loita contra os incendios.
A proposta foi presentada pola deputada Eva Pérez Gamote, xunto ao secretario provincial, Álvaro Vila, quen reclamaron un modelo con mando único. “O que pedimos é que haxa directrices claras e un mando único”, sinalou.
O PSdeG propón un sistema unificado de emerxencias en Ourense
Os socialistas destacan a situación do rural tras os lumes de 2025 e advirten que a falta de planificación incrementa os riscos. Tamén critican o modelo dos GES, ao considerar que realizan funcións de bombeiros sen o recoñecemento adecuado.

A moción propón integralos no Consorcio Provincial de Bombeiros, cubrir vacantes e elaborar en seis meses un Plan Integral de Emerxencias. “Ourense ten dereito a contar coas emerxencias que merece”, concluíu Pérez Gamote.

