Eventos

Taller de fotografía con dispositivos móbiles

Este xoves, 6 de abril, realízase un taller de fotografía con dispositivos móbiles en Monterrei da man da fotógrafa Silvia Meno.

Entre a variada actividade que atopamos na Acrópole de Monterrei durante a Semana Santa 2023 ten un lugar destacado este obradoiro de fotografía.

As múltiples posibilidades que nos ofrecen os nosos teléfonos á hora de capturar unha fotografía serán explicadas ós asistentes ó obradoiro. Con inscrición previa na oficina de turismo, a formación comezará ás 16:30h.

Taller de fotografía con dispositivos móbiles

Botón volver arriba