Noticias

Máis de 3,5 millóns para renovar frotas en Ourense

As axudas para a transformación de frotas de transporte en Ourense permitiron beneficiar a 109 empresas da provincia cun investimento superior aos 3,5 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá en San Cristovo de Cea as instalacións de Autocares Pérez S.A., acompañado polo alcalde, José Luís Valladares.

Máis de 3,5 millóns para renovar frotas en Ourense

A empresa é unha das beneficiarias deste programa de apoio á renovación do transporte por estrada.

Máis de 3,5 millóns para renovar frotas en Ourense
Foto: Delegación da Xunta

Segundo explicou Pardo, 104 das axudas concedidas na provincia destináronse ao achatarramento de vehículos e cinco á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono.

O delegado destacou que estas subvencións buscan impulsar a descarbonización do sector e favorecer a incorporación de tecnoloxías máis sostibles. “A finalidade destas subvencións é acelerar os investimentos claves para a sustentabilidade do transporte”, sinalou.

As axudas, financiadas inicialmente con fondos NextGenerationEU e reforzadas posteriormente con fondos estatais, inclúen actuacións como o achatarramento de vehículos, a compra de vehículos de baixas emisións, a instalación de puntos de recarga e a adaptación de sistemas de propulsión.

Botón volver arriba