Eventos

Unha homenaxe ás irmás Touza en Ribadavia

Este sábado terá lugar unha homenaxe ás irmás Touza en Ribadavia mediante a estrea da obra de teatro A NAI da compañía Amorodio teatro.

O sábado, 21 de xaneiro, o Auditorio Manuel María de Ribadavia acolle unha obra de teatro que serve para ofrecer unha homenaxea ás irmás Touza. A estrea da obra de teatro A NAI será ás 20:30h.

Unha homenaxe ás irmás Touza en Ribadavia

«A Nai é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como tren, viaxamos entre o pasado das irmás e os nosos presente e futuro, na procura dun modo de ser e actuar que nos permita mellorar o mundo das nosas fillas.
Unha persoa non morre ata que o seu recordo esmorece no derradeiro corpo que a lembra. Hoxe espallamos o recordo de Lola, Julia e Amparo Touza para manter vivas a esperanza e a loita. Traspasamos a testemuña. Resistimos. Por todas as Loliñas que virán.»

Unha homenaxe ás irmás Touza en Ribadavia

A obra é recomendada para público de máis de 14 anos. A entrada é de balde ata completar aforo.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba