Noticias

Uxía Salgado presenta a Rosalía de Castro

Uxía Salgado presenta a Rosalía de Castro nun vídeo no que se recolle a vida desta célebre escritora galega. Unha excelente narración acompañada das ilustracións de «TikTak Draw».

O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. É habitual que nos centros escolares se realicen actividades que recorden a figura desta escritora. Rosalía é unha peza fundamental do rexurdimento literario galego e a súa obra sigue vixente nos nosos días.

Uxía Salgado presenta a Rosalía de Castro

No colexio de San Pio X, decidiron realizar unha proposta innovadora que puxeron en marcha o mestre David Rial e a alumna Uxía Salgado. Partindo do vídeo sobre Rosalía creado por «Tik Tak Draw«, fixeron unha dobraxe ó galego. Uxía Salgado da Silva é unha moza de 6º curso de primaria que está moi vencellada ó mundo da cultura. Con importantes referentes culturais na súa propia familia, estes sérvenlle de estímulo para afrontar ese camiño.

Uxía Salgado presenta a Rosalía de Castro
Uxía Salgado, alumna do colexio San Pío X de Ourense

Uxía Salgado, ademais de boa estudante, é frautista e pandereteira na Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e ximnasta no Clube As Burgas. Si xuntamos eses ingredientes có bo traballo do profesor David Rial, sae un traballo da calidade.

Vídeo de Rosalía de Castro

A vida de Rosalía a través dun vídeo con ilustracións de «Tik Tak Draw», narración de Uxía Salgado e montaxe de David Rial.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba