Noticias

O Xardín do Posío reabre tras unha reforma de 2,8 millóns

O Xardín do Posío abriu hoxe de novo ao público tras finalizar a rehabilitación integral promovida polo Concello de Ourense, cun investimento de 2,8 millóns de euros.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, inaugurou a actuación e destacou que o renovado espazo se consolida como un dos principais pulmóns verdes da cidade.

O Xardín do Posío reabre tras unha reforma de 2,8 millóns

O parque permanecerá aberto todos os días entre as 7:00 e as 24:00 horas. A cafetería, xa rematada, sairá proximamente a licitación para poder abrir nun prazo aproximado de tres meses.

O Xardín do Posío reabre tras unha reforma de 2,8 millóns
Foto: Concello de Ourense

O concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, explicou que a intervención permitiu recuperar o carácter histórico do xardín e mellorar os seus espazos naturais.

As actuacións incluíron a renovación da área infantil, a plantación de preto de 90 novas árbores, a restauración de elementos patrimoniais como a pérgola, as escalinatas e o estanque, así como a creación dunha rosaleda con máis de 400 rosais. Ademais, remodelouse a cafetería e reforzouse a diversidade vexetal do parque.

Botón volver arriba