Xinzo celebra durante esta fin de semana a 3ª Feira do Agro da Limia con diversas actividades e exposicións de material agrícola.
A partir de hoxe, 2 de setembro, Xinzo de Limia converterase no punto de encontro do sector agrícola. AS primeiras actividades programadas terán lugar na Casa da Cultura onde terán lugar varias charlas sobre a contaminación por nitratos e os produtos microbiolóxicos.
Xinzo celebra a Feira do Agro da Limia
A xornada do sábado servirá para cociñar unha tortilla xigante. Coren, Aceites Abril e a Asociación de Produtores de Pataca da Limia colaboran para elaborar a este prato que ten como principal ingrediente as patacas da Limia.
A última xornada, o domingo día 3, contará cunha mostra de apeiros de labranza e o tradicional percorrido da xugada de vacas do Anxo de Morgade. O pavillón de deportes albergará a Feira da Pataca mentres a Feira da Maquinaria estará no Parque do Toural.