Eventos

Xornada grande do Tangaraño Cultural de Sobradelo

Este sábado terá lugar a xornada grande do Tangaraño Cultural de Sobradelo cunha programación que inclúe numerosas propostas artísticas.

Tras pasar polos concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Xinzo de Limia, o Tangaraño prepara a última parada na localidade de Sobradelo.

Xornada grande do Tangaraño Cultural de Sobradelo

Nesta última xornada atoparemos un programa que inclúe unha gran variedade de estilos musicais e que conta tamén cun recuncho gastronómico e unha cata de mel de Galicia.

Xornada grande do Tangaraño Cultural de Sobradelo
Terra Morena

Artistas como Carmen Penin e Anxo Guerra comparten cartel con grupos amplamente coñecidos na escena musical de Ourense. A música de Terra Morena, Perrito Piloto, A Voz das Mouras ou Os Tres Pés contribúen a crear unha atractiva proposta cultural que rematará cunha Jam Session.

Programa do Tangaraño Cultural de Sobradelo.

  • 12h – Cata: Mel de Galicia
  • 13h – Bernardo Marques
  • 14h – Xantar
  • 16h – Kalimocho e Mino
  • 17:15h – Carmen Penin (performance) e Andrés Fernández (concerto)
  • 18:30h – Spooky Velvet e A Voz das Mouras
  • 19:30h – Terra Morena
  • 20:30h – Anxo Guerra e Perrito Piloto
  • 22h – Os Tres Pés
  • 00h – Jam Sesion
Xornada grande do Tangaraño Cultural de Sobradelo

Botón volver arriba