Noticias

Xosé Carlos Valcárcel presentou o seu proxecto para Barbadás

Xosé Carlos Valcárcel, actual alcalde e candidato á alcaldía, presentou o seu proxecto para o concello de Barbadás que estará «centrado nas persoas».

A Casa de Cultura da Valenzá acolleu un acto no que o alcalde de Barbadás e as concelleiras Victoria Morenza e Margarita Pérez presentaron o seu proxecto para seguir gobernando catro anos máis.

Xosé Carlos Valcárcel presentou o seu proxecto para Barbadás

Valcárcel indicou Barbadás precisa ter un goberno sólido e de futuro para seguir avanzando e por iso presenta unha «candidatura con persoas altamente preparadas que representarán con enorme orgullo a todos os veciños e veciñas e que teñen unha enorme calidade humana». Para o seguinte mandato, o candidato socialista fai unha aposta por continuar «escoitando á veciñanza» e por «Máis Barbadás».

No balance realizado polo actual alcalde de Barbadás destacou a colaboración coa Zona Franca de Vigo ou proxecto da Aula Mentor. Seguridade, comercio, cultura, deporte e mocidade son obxectivos que Xosé Carlos Valcárcel destaca para o mandato 23-27. «Queremos asegurarnos de que ninguén quede atrás» sinalou Valcárcel cando anunciou unha «optimización do Servizo de Axuda no Fogar para chegar a máis persoas».

Xosé Carlos Valcárcel presentou o seu proxecto para Barbadás

Na intervención realizada pola tenente alcalde, Victoria Morenza, mostrou que «o máis importante para nós e contar con todas as persoas que viven en Barbadás, coas súas ideas, iniciativas, suxestións e tamén coas súas críticas». Este traballo realizado polo grupo de goberno permite ter un «concello cheo de actividades para a infancia, a mocidade e as persoas maiores».

Marga Pérez, responsable das áreas de comercio, educación e cultura, avanzou que ten «moitas ganas de seguir traballando en novos proxectos». Para poder desenvolver estas iniciativas en materia cultural, educativa e comercial, «precisamos do apoio e da confianza de todos e todas», destacou Marga Pérez.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba