A Xunta de Galicia iniciou as obras de substitución da cuberta do CEIP de Sandiás, unha actuación financiada con 212.791,87 euros para mellorar a conservación do edificio e incrementar a súa eficiencia enerxética.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado polo alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, visitou o centro para supervisar o inicio dos traballos, incluídos no Plan de nova arquitectura pedagóxica.
A Xunta renova a cuberta do CEIP de Sandiás
A actuación contempla a retirada da cuberta actual, incluído o fibrocemento con amianto conforme á normativa, a instalación de novo illamento térmico e a colocación dunha cuberta de tella cerámica. Tamén se renovarán as canlóns e as baixantes.

Segundo destacou Manuel Pardo, esta obra forma parte do programa de mellora das infraestruturas educativas da Xunta e súmase ás actuacións realizadas nos últimos anos no CEIP de Sandiás e no pavillón polideportivo do municipio.

