Noticias

A Xunta inviste 30.000 euros na senda de Cortegada

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello de Cortegada xunto ao alcalde, Avelino de Francisco, para supervisar os traballos de conservación realizados pola Xunta na senda peonil da estrada OU-402, en San Bieito de Rabiño, cun investimento superior aos 30.000 euros.

A actuación consistiu na construción dunha gabia de formigón de 235 metros lineais e 2,10 metros de ancho, mellorando a seguridade e a accesibilidade peonil neste treito.

A Xunta inviste 30.000 euros na senda de Cortegada

Manuel Pardo lembrou ademais que en 2023 a Xunta xa investira máis de 48.000 euros nesta mesma senda para mellorar a drenaxe, eliminar unha cuneta profunda e facilitar o tránsito peonil na marxe esquerda da OU-402.

A Xunta inviste 30.000 euros na senda de Cortegada
Foto: Delegación da Xunta

Botón volver arriba