Noticias

Melloras no xulgado de Bande con 40.000 euros da Xunta

A Xunta inviste máis de 40.000 euros na mellora do edificio xudicial de Bande, tras finalizar as obras de reparación das filtracións neste inmoble público.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse ata o concello de Bande acompañado da alcaldesa, Sandra Quintas. Ambos supervisaron o remate dos traballos no edificio xudicial.

Melloras no xulgado de Bande con 40.000 euros da Xunta

As actuacións, impulsadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, contaron cun investimento superior aos 40.000 euros e permitiron solucionar os problemas de filtracións que afectaban ao inmoble.

Melloras no xulgado de Bande con 40.000 euros da Xunta

Os traballos incluíron a limpeza profunda da superficie e do zócalo de granito, a retirada da sucidade acumulada e a reparación de microfisuras. Tamén se realizou o selado dos encontros da carpintería de aluminio coa fachada monocapa. Ademais, aplicouse unha nova capa de pintura monocapa, realizouse o rexuntado do zócalo con morteiro epoxi e levouse a cabo un tratamento hidrofugante mediante dúas mans de película impermeable á auga da choiva.

Durante a visita ás instalacións, Manuel Pardo destacou que estas actuacións forman parte da prioridade do Goberno galego por mellorar e acondicionar os edificios xudiciais. Neste sentido, subliñou que a Xunta leva investidos máis de 165 millóns de euros entre 2014 e 2026.

Botón volver arriba