A Mostra de Teatro Infantil de Ourense chega no 2021 á súa maioría de idade. A pesar das dificultades, a MOTI chega un ano máis cun programa de calidade.
Un clásico do nadal en Ourense é a celebración da MOTI. A Mostra de Teatro Infantil de Ourense, organizada por Sarabela Teatro reúne ó público máis pequeno ó carón de interesantes propostas culturais.
Mostra de Teatro Infantil de Ourense 2021
Desde o 27 ó 29 de decembro e o 2 de xaneiro, os distintos espectáculos previstos na programación da MOTI 2021 servirán para manter viva a actividade cultural, a gran ameazada.
Si a dureza da pandemia non era suficiente para ameazar a programación cultural, decisións adoptadas por algúns responsables políticos veñen a por máis pedras no camiño. Fernando Dacosta, director da MOTI, presenta unha nova edición dun festival que alcanza a súa maioría de idade.
Programación da MOTI 2021
Ourense terá unha nova edición da Moti en 2021 cun programa que detallamos a continuación:
- 27 de decembro, luns:
Semente, o home que plantaba árbores (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 17h.
As que máis molan da gramola gominola (Música) – Salón de actos da Politécnica ás 19h. - 28 de decembro, martes:
Nina Ninette (Danza) – Teatro Principal de Ourense ás 17h.
Alquimia (Maxia) – Sala Multiusos do edificio de Ferro do Campus ás 19h. - 29 de decembro, mércores:
Quixote (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 12h e 17h.
O Tesouro (Conta Contos) – Sala Multiusos do Edificio de Ferro do Campus ás 19h. - 2 de xaneiro, Domingo:
Bruxa descoidada, Bruxa Chamuscada (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 17h e 19h.
Os días 22, 23 e 27 de decembro, realizarase animación polas rúas da cidade.