Eventos

Mostra de Teatro Infantil de Ourense 2021

A Mostra de Teatro Infantil de Ourense chega no 2021 á súa maioría de idade. A pesar das dificultades, a MOTI chega un ano máis cun programa de calidade.

Un clásico do nadal en Ourense é a celebración da MOTI. A Mostra de Teatro Infantil de Ourense, organizada por Sarabela Teatro reúne ó público máis pequeno ó carón de interesantes propostas culturais.

Mostra de Teatro Infantil de Ourense 2021

Desde o 27 ó 29 de decembro e o 2 de xaneiro, os distintos espectáculos previstos na programación da MOTI 2021 servirán para manter viva a actividade cultural, a gran ameazada.

Si a dureza da pandemia non era suficiente para ameazar a programación cultural, decisións adoptadas por algúns responsables políticos veñen a por máis pedras no camiño. Fernando Dacosta, director da MOTI, presenta unha nova edición dun festival que alcanza a súa maioría de idade.

Mostra de Teatro Infantil de Ourense 2021

Programación da MOTI 2021

Ourense terá unha nova edición da Moti en 2021 cun programa que detallamos a continuación:

  • 27 de decembro, luns:
    Semente, o home que plantaba árbores (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 17h.
    As que máis molan da gramola gominola (Música) – Salón de actos da Politécnica ás 19h.
  • 28 de decembro, martes:
    Nina Ninette (Danza) – Teatro Principal de Ourense ás 17h.
    Alquimia (Maxia) – Sala Multiusos do edificio de Ferro do Campus ás 19h.
  • 29 de decembro, mércores:
    Quixote (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 12h e 17h.
    O Tesouro (Conta Contos) – Sala Multiusos do Edificio de Ferro do Campus ás 19h.
  • 2 de xaneiro, Domingo:
    Bruxa descoidada, Bruxa Chamuscada (Teatro) – Teatro Principal de Ourense ás 17h e 19h.

Os días 22, 23 e 27 de decembro, realizarase animación polas rúas da cidade.

Mostra de Teatro Infantil de Ourense 2021

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba