Noticias

O Estadio do Couto deixou Ourense sen partido solidario

O partido solidario celebrado onte entre o R.C. Celta e unha selección de Ourense, inicialmente previsto no Estadio do Couto, tivo finalmente lugar en Balaídos debido ao “lamentable estado” do terreo de xogo da instalación ourensá, segundo confirmou o Responsábel de Relacións Institucionais do clube celeste e tamén fontes do BNG.

Para Luís Seara, portavoz municipal do BNG, “é lamentable que un partido que busca apoiar ás zonas máis castigadas polos incendios de verán teña que disputarse fóra da provincia por carecer de instalacións mínimamente dignas”.

O Estadio do Couto deixou Ourense sen partido solidario

Seara lembra que o Estadio do Couto é propiedade da Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento, e cualifica de indignante que, a dous anos de investir preto de 700.000 euros na súa reforma, o terreo de xogo estea nun estado tan deficiente.

O Estadio do Couto deixou Ourense sen partido solidario
Foto: BNG

O BNG denuncia que esta situación non só afectou á disputa do encontro solidario “Xuntos contra o lume”, senón tamén aos clubes que utilizan a instalación, poñendo en risco a seguridade dos xogadores e ofrecendo “unha imaxe lamentable da terceira cidade de Galicia”. A formación nacionalista critica a inacción do Goberno Local ante a Xunta, malia as reiteradas peticións de mellora.

O deputado Iago Tabarés anunciou que o Grupo Parlamentar do BNG presentará nos próximos días iniciativas para esclarecer os motivos do deterioro do Couto e promover reformas orientadas a mellorar a accesibilidade, comodidade e operatividade do estadio, subliñando que a solución pasa pola construción dun novo estadio na contorna do actual.

Ademais, o BNG volve reclamar a restitución do monumento en homenaxe a José Manuel Vieira Ferreira “Lito” e o monolito dedicado ao C.D. Ourense, que consideran deben regresar ao lugar que sempre ocuparon no Estadio do Couto por respecto á historia do clube e á súa afección.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.