Noticias

Manuel Pardo reúnese co Pabellón Ourense CF

Manuel Pardo mantivo un encontro co Pabellón Ourense Club de Fútbol para coñecer as necesidades actuais dunha das entidades deportivas máis emblemáticas da cidade e da provincia.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse cos representantes do club co obxectivo de analizar a súa situación presente e apoiar os proxectos deportivos e sociais que está a desenvolver.

Manuel Pardo reúnese co Pabellón Ourense CF

Durante a xuntanza, Manuel Pardo interesouse polo funcionamento diario do Pabellón CF, polos retos aos que se enfronta a entidade e polas liñas de traballo marcadas para as vindeiras tempadas.

Manuel Pardo reúnese co Pabellón Ourense CF
Foto: Delegación da Xunta

O delegado territorial trasladou o respaldo do Goberno galego ao deporte de base e ao papel que desempeñan clubs históricos como o Pabellón CF na promoción de valores como o esforzo, a convivencia e a integración social.

Desde a entidade deportiva expuxéronse as principais necesidades do club, tanto a nivel organizativo como de infraestruturas, así como os proxectos que teñen en marcha para seguir medrando e consolidándose no panorama deportivo ourensán. A Xunta, segundo indicou Pardo, comprométese a escoitar e avaliar estas demandas, dentro das súas competencias, para contribuír ao fortalecemento do tecido deportivo da provincia.

Este encontro enmárcase na liña de contacto permanente da Xunta cos colectivos deportivos de Ourense, co fin de coñecer de primeira man a súa realidade e reforzar a colaboración institucional no impulso do deporte en Galicia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.