Noticias

Arteficial asegura a súa próxima edición co crowdfunding

Arteficial garante a celebración da súa próxima edición tras acadar o obxectivo mínimo da campaña de crowdfunding en Goteo cando aínda resta a metade do prazo previsto.

A Asociación Cultural Arteficial impulsara esta iniciativa para evitar a desaparición do festival e a resposta da comunidade permitiu asegurar a continuidade inmediata do proxecto.

Arteficial asegura a súa próxima edición co crowdfunding

A campaña continúa aberta para crear un fondo que dea estabilidade ao festival nos vindeiros anos. Ademais, o evento celebra o seu 20 aniversario reforzando alianzas con colectivos, espazos culturais e festivais de toda Galicia.

Arteficial asegura a súa próxima edición co crowdfunding

Arteficial tamén é finalista nos Premios Martín Códax da Música, na categoría Organistrum, co prazo de votación xa aberto.

A programación especial do aniversario incluirá citas en Ourense, Ribadavia, Lugo, Ribeira Sacra e Pontevedra. En Ourense, o 29 de maio, actuarán Todas Las Batallas Perdidas e os madrileños DELOBOS no Café Cultural Auriense, cunha sesión previa de David Diz en Secret Bridge e fin de festa en El Pueblo con Grima e Abelo Valis.

O festival conta co apoio do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia, Estrella Galicia, Bodegas Gallegas, Matilda Nieves, Gran Alanís e Povarelo.

Botón volver arriba