Noticias

O Concello de Ourense pechará o venres por Santa Rita

As dependencias administrativas do Concello de Ourense permanecerán pechadas este venres, 22 de maio, con motivo da festividade de Santa Rita, considerada a patroa da Administración Local.

O Concello informa de que, durante esa xornada, o servizo do Rexistro Xeral atenderá nas dependencias da Policía Local, situadas na rúa Victoria Kent, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

O Concello de Ourense pechará o venres por Santa Rita

A festividade de Santa Rita é tradicionalmente celebrada polas administracións locais en distintos puntos de España, ao estar vinculada á protección e representación do persoal da administración municipal.

O Concello de Ourense pechará o venres por Santa Rita

Fai un ano publicamos un artigo no que se explica a orixe desta tradición e por que Santa Rita é considerada a patroa dos traballadores da administración pública.

Botón volver arriba