Noticias

Sportur Galicia promove o deporte inclusivo en Expourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación de Sportur Galicia, evento ligado ao IX Salón do Turismo e Deporte Activo que se celebrará en Expourense do 28 ao 30 de maio.

A cita volverá estar centrada nos Xogos Deportivos Inclusivos e reunirá a escolares, entidades sociais e federacións deportivas galegas con exhibicións, adestramentos e actividades abertas ao público.

Sportur Galicia promove o deporte inclusivo en Expourense

Manuel Pardo destacou a importancia do deporte como ferramenta para favorecer a inclusión e derrubar barreiras, ademais de poñer en valor programas da Xunta como Xogade, que fomenta a práctica deportiva entre rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, incluíndo persoas con diversidade funcional.

Sportur Galicia promove o deporte inclusivo en Expourense
Foto: Delegación da Xunta

Na actividade participarán alumnado de distintos centros educativos da provincia e entidades como Fundación San Rosendo, Down Ourense, Asociación Trama, Fundación Secretariado Gitano ou o Hospital de Saúde Mental do Sergas.

Botón volver arriba