Noticias

Expourense superou as 111.000 visitas en 2025

Expourense pechou 2025 cun balance de máis de 111.000 visitas xeradas pola súa actividade feiral, deportiva e de eventos.

Durante o ano organizou 10 feiras, entre elas dúas con carácter internacional, 42 competicións deportivas e unha vintena de eventos, consolidándose como un dos principais dinamizadores económicos e sociais da provincia.

Expourense superou as 111.000 visitas en 2025

Os datos foron presentados este xoves nun acto presidido polo director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Gabriel Alén Castro, acompañado por representantes das entidades que integran o Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

Expourense superou as 111.000 visitas en 2025
Foto: Expourense

No ámbito feiral destacou a celebración de Termatalia en Colombia, que reuniu máis de 2.000 profesionais de 18 países, e a incorporación da nova Feira da Educación de Ourense ao calendario do recinto. En total, as feiras contaron con 367 expositores e representación de 33 países.

A actividade deportiva reuniu máis de 24.300 visitas grazas ás 42 competicións e adestramentos celebrados na pista cuberta de atletismo, entre eles o I Meeting Internacional de Atletismo e varios campionatos de España.

Ademais, Expourense acolleu unha vintena de eventos empresariais, culturais e de lecer, así como numerosas accións formativas. O acto concluíu coa entrega dun recoñecemento de AENOR polos 25 anos de certificación ISO 9001 do recinto.

Botón volver arriba