A Federación de Comercio de Ourense presentou a campaña «E ti, de quen vés sendo?» 2026, unha iniciativa que conta co apoio económico da Deputación Provincial para promover o comercio local en toda a provincia.
O acto celebrouse na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa participación de Beatriz Gómez Valcárcel, presidenta da Federación de Comercio; Rosendo Luís Fernández Fernández, en representación da Deputación; e David Martínez Alonso, presidente da CEO, ademais de representantes de asociacións comerciais e comarcais integradas na federación.
O comercio local de Ourense estrea a campaña «E ti, de quen vés sendo?» 2026
A campaña ten como protagonistas unhas bolsas de material reciclado con acabado bronce, que se repartirán nos próximos días entre as asociacións adheridas. Estas entregaranllas aos seus comercios asociados para estender a mensaxe en defensa do comercio de proximidade polas rúas da provincia.

A iniciativa busca dar visibilidade aos establecementos locais e reivindicar a súa importancia durante todo o ano. A Deputación de Ourense patrocina esta campaña da Federación de Comercio.

