O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Verín entrega unha doazón á AECC en Ourense obtida pola venta de Cd’s de panxoliñas.
Foi no mesmo centro educativo onde se realizou a produción deste traballo musical que recollía varias panxoliñas.
O Colexio María Inmaculada de Verín entrega unha doazón á AECC en Ourense
Unha vez realizado o traballo de produción, a venta de Cd’s entre a comunidade educativa, familias e veciños de Verín permitiu recadar un total de 415€. Esta cantidade foi entregada a Germán Rodríguez-Sáa durante un acto no que estiveron presentes varios profesores do centro e o alumnado de 6º de primaria.
Como presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, Germán Rodríguez-Sáa agradeceu este xesto. «Que cada gran de area vaia destinado á investigación que é fundamental, para a prevención e para a detección precoz. Temos un reto moi importante, onde vós podedes achegar moito, que é alcanzar o 70% de supervivencia da enfermidade no ano 2030».
Os 415€ doados polo centro á Asociación Contra o Cancro irán destinados ó programa «Carriños Don Amable».