Noticias

Compromiso da Deputación co concello de Riós

O compromiso da Deputación de Ourense co concello de Riós permitirá a realización de actividades socioculturais e de mellora de infraestruturas.

Manuel Baltar, presidente da Deputación provincial, recibiu á alcaldesa de Riós, Eva Barrio. A reunión permitiu dar continuidade a boa sintonía existente entre ambas institucións.

Compromiso da Deputación co concello de Riós

«Grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa, sempre formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza», destacou Manuel Baltar.

Compromiso da Deputación co concello de Riós
Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Eva María Barrio López (Alcaldesa do Concello do Rios).

As propostas da alcaldesa de Riós tiñan como obxectivo a dinamización sociocultural e a mellora de infraestruturas nalgúns núcleos de poboación. Eva Barrio puxo en valor «a implicación que demostra sempre o presidente do goberno provincial con Riós».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba