O Campus de Ourense acolle estes días a celebración de COuMUN 2026, un proxecto universitario de Simulación de Nacións Unidas no que participan máis de 120 estudantes das facultades de Dereito e de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.
A iniciativa foi presentada no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta coa participación do delegado territorial, Manuel Pardo, e do vicerreitor do campus, Francisco Javier Rodríguez.
Máis de 120 estudantes participan en COuMUN 2026 en Ourense
O programa desenvólvese entre hoxe e mañá no Edificio Xurídico Empresarial.

Durante o acto, Pardo felicitou ao alumnado impulsor da proposta e destacou o seu valor formativo. “O debate e a argumentación son habilidades cruciais para o éxito académico e profesional”, afirmou.
O COuMUN, integrado no modelo internacional MUN (Model United Nations), permite ao estudantado desenvolver competencias como a oratoria, a negociación, o pensamento crítico e o traballo en equipo, ademais de achegar o funcionamento da ONU á sociedade.

