Noticias

Falecemento de José Prieto, referente socialista

O falecemento de José Prieto Pérez, histórico do socialismo en Ribadavia, xerou unha fonda conmoción na vila.

O PSOE de Ribadavia lamentou a súa perda e destacou a súa traxectoria de compromiso coa veciñanza.

Falecemento de José Prieto, referente socialista

Prieto foi concelleiro en varias etapas, con responsabilidades en Obras e Servizos e en Cultura e Turismo, áreas nas que destacou pola súa proximidade e implicación. Tamén colaborou con distintos equipos de goberno municipais ao longo dos anos.

Falecemento de José Prieto, referente socialista
Foto: Noelia Rodríguez

Salienta a súa contribución á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), así como o seu labor sindical na UGT.

Desde o PSOE subliñan que foi unha figura clave do socialismo local, recoñecida pola súa capacidade de diálogo. “Un home entregado e comprometido co seu concello”, sinalan.

Botón volver arriba