Funergal clausurou en Expourense a súa décimo terceira edición tras dúas xornadas e media de actividade comercial e formativa nas que reuniu a profesionais do sector funerario de distintos puntos da Península Ibérica e dunha vintena de países de catro continentes.
A feira rexistrou un total de 4.700 visitas.
Funergal pecha en Expourense con 4.700 visitas
A edición de 2026 contou con 44 expositores de 10 países, que presentaron novidades en produtos e servizos funerarios, desde ataúdes, urnas e hornos crematorios ata software especializado, vehículos funerarios, seguros ou formación en tanatopraxia.

Os expositores destacaron a elevada presenza de visitantes profesionais e o interese comercial xerado durante a feira. Na última xornada tamén se celebrou unha presentación da empresa arxentina Neomemorial sobre as aplicacións da Intelixencia Artificial no sector funerario.
Como peche tradicional do evento, a Asociación Provincial de Empresarios Funerarios de Ourense (APEFO) organizou unha degustación de pulpo á feira para os asistentes.
A feira contou co patrocinio da Deputación de Ourense e coa colaboración de grupos empresariais como Interfunerarias e Grupo Albia.