Noticias

Identificarán ó Cárcere de Mulleres de Celanova

Identificarán cunha placa ó edificio que albergou ó Cárcere de Mulleres de Celanova entre os anos 1936 e 1938.

O edificio onde están na actualidade os xulgados de Celanova será sinalado como Lugar da Memoria grazas á colaboración entre o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e a Concellería de Igualdade do concello de Celanova.

Identificarán ó Cárcere de Mulleres de Celanova

O acto, previsto para o 23 de novembro, consisitirá na colocación dunha placa de aceiro e ferro na fachada do edificio. Familiares de Salud Torres Díaz e María del Valle Lozano participarán neste acto. Salud e María sufriron cadea neste espazo e foron paseadas a finais do ano 1937 en Xinzo.

Identificarán ó Cárcere de Mulleres de Celanova
Foto: Comité de Memoria de Celanova

Previo acto de colocación da placa, celebraranse dúas conferencias. Rosa María Cid Galante e Julio Prada Rodríguez falarán sobre a represión sobre as mulleres durante a guerra e a ditadura.

Identificarán ó Cárcere de Mulleres de Celanova
Foto: Comité de Memoria de Celanova

Botón volver arriba