A Xunta investiu máis de 178.000 euros en obras de mellora no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás, segundo comprobou esta mañá o delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, nunha visita ao centro xunto á alcaldesa, Patricia Torres.
O centro conta con arredor de 90 alumnos de Infantil e Primaria.
A Xunta inviste 178.000 € no colexio de Xuvencos
A actuación permitiu mellorar a accesibilidade cunha nova rampa, reformar os baños e renovar o patio exterior, ademais de substituír carpintarías e acondicionar espazos interiores.

Pardo destacou que estas obras se integran no Plan de nova arquitectura pedagóxica, co que a Xunta impulsa a modernización dos centros educativos, e lembrou que a Administración autonómica mobiliza máis de 58 millóns de euros en actuacións na provincia de Ourense.

