A 42ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia acollerá este mes de xullo o proxecto “COLAPSO, ser joven ante los límites del crecimiento”.
Este laboratorio gratuíto de artes vivas e creación colectiva está dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 21 anos. A iniciativa desenvolverase entre os días 7 e 18 de xullo en Ribadavia.
A MIT presenta en Ribadavia o laboratorio xuvenil “COLAPSO”
O proxecto comunitario está dirixido por Juan Ayala e Miguel Oyarzun, e propón un espazo de creación colectiva no que a mocidade será a protagonista para reflexionar arredor do futuro do planeta e os límites do crecemento.

A experiencia culminará cunha mostra aberta ao público o sábado 18 de xullo no Auditorio da Casa da Cultura, seguida dunha conversa cos asistentes para fomentar o diálogo interxeracional sobre un dos grandes desafíos actuais.
Como antesala ao inicio do laboratorio, o martes 26 de maio celebraranse dúas sesións informativas abertas á mocidade interesada no Museo Etnolóxico de Ribadavia, ás 18:00 h e ás 20:00 h. As sesións estarán coordinadas por Iratxe Arrizabalo e Eugeni Mataix, membros da compañía responsable da iniciativa.
As inscricións para participar xa están abertas. Ademais, a compañía realizará visitas ás aulas do IES O Ribeiro para presentar o proxecto entre o alumnado.

