O Concello de Monterrei está presente en Turexpo Galicia – Festur, salóns turísticos que se levan a cabo xunto á Semana Verde en Silleda entre o 2 e o 5 de xuño.
A representación do concello de Monterrei inclúe a Xuntanza Internacional de Gaiteiros que en agosto de 2022 alcanzará a súa 37ª edición. Os activos turísticos cos que conta Monterrei estarán presentes na mostra. A Acrópole, a igrexa de Santa María de Mixós ou as adegas da Denominación de Orixe Monterrei teñen o seu espazo no evento.