Eventos

Música de acordeón para rematar o Nadal

Un concerto de música de acordeón é unha das actividades para rematar a programación de Nadal no concello de Celanova.

O alumnado de acordeón do Conservatorio de Música de Ourense actuará esta tarde na Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Música de acordeón para rematar o Nadal

O concerto está organizado polo Departamento de Música Tradicional do CMUS e contará coa presenza de varios alumnos desta especialidade. Entre o programa a interpretar atópanse obras de J.S.Bach, A.Piazzolla e unhas tradicionais panxoliñas.

Este evento titulado «Foles de Nadal» está previsto para as 19h na sede da Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.