A música tradicional e popular ten unha cita en Vilariño de Conso o domingo, 19 de xuño, coa participación de oito grupos de música.
O fomento da cultura ten unha das súas principais bazas na realización de festivais de música. Unha vez superada a peor fase da pandemia, concellos e asociacións culturais levan a cabo distintas iniciativas para recuperar a actividade cultural anterior á pandemia.
Música tradicional e Popular en Vilariño de Conso
Este é o caso do concello de Vilariño de Conso e a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia. Ambas entidades colaboran na realización do Festival da Música tradicional e popular que terá lugar o 19 de xuño.
Música de acordeóns, gaitas, pandeiretas e voces de tódalas idades convertirán Vilariño de Conso nun importante foco cultural. A maiores dos grupos da Asociación Música e Cultura de Galicia que participan nesa xornada, estarán presentes tamén grupos de A Mezquita, A Rúa e a banda de gaitas local.
Grupos participantes:
- Cantagalos, grupo infantil de música tradicional
- Zoadeira, cantareiras
- O Son do Vento, acordeóns e gaitas
- Cuncas do Son, cantos de taberna
- As Travesas da Mezquita
- Asociación Abertal da Rúa
- Banda de Música e Cultura de Galicia
- Banda de Gaitas de Vilariño de Conso