Eventos

Nova edición do Certame Literario de Piñor

Xa temos en marcha unha nova edición do certame literario de Piñor que organiza a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e que conta coa colaboración do Concello de Barbadás.

Este certame literario de narracións breves chega neste 2023 á súa vixésimo sexta edición plenamente consolidado como unha das citas máis lonxevas e arraigadas da literatura en galego.

Nova edición do Certame Literario de Piñor

Nos últimos meses, a localidade de San Lourenzo de Piñor está a ser protagonista de diferentes iniciativas para por en valor o vínculo do lugar coa escritora Carmen Martín Gaite. Esta relación de Piñor coa literatura ten no certame literario un eficaz aliado.

Ó longo dos anos, son numerosos os autores e autoras de renome que participaron e resultaron premiados neste certame.

Nova edición do Certame Literario de Piñor

Na edición de 2023, o prazo para presentar traballos rematará o 18 de maio. A información completa sobre as normas do certame atopámola nas bases que recollemos a continuación.

Botón volver arriba