Noticias

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil de Reza

A Xunta de Galicia iniciou as obras da nova senda peonil da estrada OU-402, en Reza (Ourense), cun investimento de 1.512.564 euros.

O delegado territorial, Manuel Pardo, supervisou o comezo dos traballos e destacou que esta actuación contribuirá a mellorar a mobilidade e a seguridade da veciñanza.

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil de Reza

O proxecto prevé a construción dun itinerario peonil continuo de 2,7 quilómetros pola marxe dereita da estrada, conectando tramos de beirarrúas xa existentes e facilitando os desprazamentos a pé nunha zona con vivendas dispersas.

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil de Reza
Foto: Delegación da Xunta

Segundo explicou Pardo, esta intervención permitirá completar máis de 16 quilómetros de sendas nas estradas autonómicas da comarca de Ourense, cun investimento superior aos 8 millóns de euros.

A nova senda terá unha anchura de entre 1,80 e 3 metros na maior parte do percorrido. Ademais, habilitaranse zonas de aparcamento en liña e executaranse melloras na drenaxe, sinalización e sistemas de contención.

Botón volver arriba