Deportes

Ourense acolle á elite do Hockey sala nacional

A cidade de Ourense acolle á elite do Hockey sala nacional entre o xoves 18 e o domingo 21 de maio de 2023 nas instalacións de Expourense.

O recinto de Expourense será o lugar onde se desenvolva este campionato no que participarán os 12 mellores equipos de España en categoría masculina e feminina.

Ourense acolle á elite do Hockey sala nacional

Os 24 equipos participantes supoñen unha participación de 380 deportistas e técnicos que estarán en Ourense durante os días que dure o campionato.

Ourense acolle á elite do Hockey sala nacional
Foto: concello de Ourense

Durante a celebración deste campionato esta previsto realizar os actos polo Centenario da Federación Española de Hóckey que terán lugar o venres, 19 de maio, ás 13h. Expourense, Deputación de Ourense e o Concello de Ourense colaboran na organización e desenvolvemento desta proba deportiva.

Botón volver arriba