Colaboraciones

OURENSE TEN QUE VOLVER

OURENSE TEN QUE VOLVER – Natalia González Beneitez, Secretaria Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e Concelleira do Grupo Municipal Socialista

OURENSE TEN QUE VOLVER

Volven os maios
Ourense sae á rúa
Xa hai dous anos
Máis ganas ca nunca

OURENSE TEN QUE VOLVER
Natalia González Beneitez

Máis ganas ca nunca
Alá vou a cantar
Con ilusión e retranca
Vaivos gustar

Vaivos gustar
Levamos 3 anos na cidade
Soñando rañaceos e acuaparks
Sen futuro para a mocidade

Sen futuro para a mocidade
Sen Lusquiños, sen Molinera
Con Termas pechadas
E o que nos espera

E o que nos espera
90 días de Jacome
Non lle chegaron a nada
A este pobre home

A este pobre home
A Ponte segue sen Praza
Sen novos soterrados
Foi unha estafa

Foi unha estafa
Sen intelixencia natural
Monta un chiringuito
Só para despilfarrar

Só para despilfarrar
Leva os santos da igrexa
Quere casar
Facer dos maios unha queima

Facer dos maios unha queima
Onde vai parar
Que pase para Concordia
E deixe de enredar

E deixe de enredar
Tantas escaleiras
Discordia van traer
E arcas máis baleiras

E arcas máis baleiras
Emerxencia cultural
Que volva a UPO
É o natural

É o natural
Que no 2023
Jácome e o PP para casa
Ourense ten que volver

Natalia González Beneitez
Secretaria Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e Concelleira do Grupo Municipal Socialista

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba