A Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (FETEAGAL) impulsa os I Premios “Manuel Lourenzo” do Teatro Amador Galego.
Esta iniciativa serve para recoñecer e visibilizar o labor dos grupos afeccionados da comunidade.
FETEAGAL crea os Premios “Manuel Lourenzo” do teatro amador
O certame tamén funcionará como espazo de encontro e impulso colectivo para o sector.

Os premios levan o nome de Manuel Lourenzo, en homenaxe á súa traxectoria e ao seu compromiso co teatro galego.
Inscrición aberta en abril
Poderán participar grupos de teatro amador con sede en Galicia que representen obras en galego. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 30 de abril.
A convocatoria inclúe un Censo de Votantes, que permitirá ás persoas vinculadas ao sector formar parte do xurado e participar na elección das propostas gañadoras.
“Queremos que estes premios sexan unha verdadeira festa do teatro amador galego”, destacan desde a organización.

