A programación da Feira do Viño do Ribeiro 2023 contén unha ampla proposta de actividades que se realizarán durante os días 28, 29 e 30 de abril.
O ano 2023 supón alcanzar a 60ª edición dunha das citas vitivinícolas máis importantes de Galicia e que converterá un ano máis a Ribadavia no lugar de encontro de centenares de persoas.
60ª Feira do Viño do Ribeiro
O evento terá lugar na Alameda de Ribadavia e contará nesta ocasión como pregoeiro con D. Juan Antonio Bande Alonso, fundador da Feira do Viño do Ribeiro no ano 1964. A importancia desa edición quedou reflectida tamén no cartel promocional que é unha readaptación do cartel inaugural.
Os asistentes poderán coñecer os viños de 35 bodegas. Tras mercar a copa na entrada do recinto, os asistentes poderán visitar as distintas casetas para coñecer os viños presentes na feira.
Entre as propostas incluídas na programación están a cata popular, zona gastronómica, cata con Josep «Pitu» Roca, RibeiroBUS, showcookings, zona infantil e visitas guiadas ó Castelo e ó Museo do Viño de Galicia.
Programación da Feira do Viño do Ribeiro 2023
VENRES 28 DE ABRIL
- Horario
19.00h a 23.00h. - Pregón
19:00 h. pregón Inaugural a cargo de Don Juan Antonio Bande Alonso, membro fundador da Feira do Viño do Ribeiro no ano 1964. - Cata Popular
16.00 – 21.00h (Local Social da Madalena)
Para participar na cata popular é imprescindible mercar as entradas na porta. Prezo entrada:7€ - Música
21.30h, no palco da Alameda: “SR JINGLES”
SÁBADO 29 DE ABRIL
- Horario
11:00h a 23.00h. (ininterrompido) - Cata popular
12:00 – 14:00h e de 16:00 – 21:00h (Local Social da Madalena)
Para participar na cata popular é imprescindible mercar as entradas. Prezo entrada:7€ - Actividades Enogastronómicas
Para participar nas actividades é imprescindible mercar as entradas a través da Oficina de Turismo de Ribadavia ou na caseta de venta de copas os días do evento.
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Lugar: Aula de cata no recinto da feira. - Obradoiro de Cociña
12.00h. Imparte: Marcos Arufe Blanco, cociñeiro gañador do concurso Talentos by Abril, de Aceites Abril.
Contarase coa presenza da sumiller Susana Barros, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro. Prezo entrada:5€ - Presentación do IES O Ribeiro
18.00 h. Imparte: Persoal docente do IES O Ribeiro.
Grao medio: Aceites de Oliva e Viños.
Grao superior: Vitivinicultura - Obradoiro de Cociña
19.00h. Imparte: Miguel González, cociñeiro do Restaurante Miguel González (Pereiro de Aguiar – Ourense – 1 Estrela Michelín).
Contarase coa presenza da sumiller Susana Barros, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro. Prezo entrada: 5€ - Música
14.00h, no palco da Alameda: “NASTASIA ZÜRCHER”
21.30h, no palco da Alameda: “CORA VELASCO”
DOMINGO 30 DE ABRIL
- Horario
11:00 h a 23.00 h. (ininterrompido) - Actividades Enogastronómicas
Para participar nas actividades é imprescindible mercar as entradas a través da Oficina de Turismo de Ribadavia ou na caseta de venta de copas os días do evento.
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Lugar: Aula de cata no recinto da feira. - MasterClass “Viños Tostados do Ribeiro”
12.30h. Imparte: Josep “Pitu” Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca (Girona – 3 Estrelas Michelín).
Prezo entrada: 15€ - Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro
13.45h. Presentación do resultado do concurso da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro - Cata “Concurso por parellas”
18.00h. Imparte: Guiada polas sumilleres Susana Barros e Mariña Fernández (do grupo Abastos).
Inscricións de balde. - Obradoiro de Cociña
19.30h. Imparte: Javier Olleros, cociñeiro do Restaurante Culler de Pau (O Grove – 2 Estrelas Michelín).
Contarase coa presenza da sumiller Mariña Fernández (do grupo Abastos), que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.
Prezo entrada: 5€ - Música
21.30h, no palco da Alameda: “SOUL & ROLL”
Outras actividades
BOTELLA XIGANTE FVR “A FALA DO RIBEIRO”
Botella de viño de máis de 6 metros situada no recinto da Alameda. Visita libre.
AUTOBÚS TURÍSTICO “RibeiroBUS”
Inclúe entrada ao Museo do Viño de Galicia
Sábado e Domingo
Lugar: Fronte ao Castelo
Horario de saída: 11:00 h, 12:30 h, 17:30 h e 19:00 h
Prezo: 5 €
Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es ou no propio autobús.
VISITA AO MUSEO DO VIÑO DE GALICIA
Venres, Sábado e Domingo
Lugar: Museo do Viño de Galicia (Santo André de Camporredondo)
Horario: 10:00 h – 21:00 h
VISITAS AO CASTELO DOS SARMIENTO DE RIBADAVIA
Venres, Sábado e Domingo
Horario: de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 20:00 h
Entrada pola Oficina de Turismo, na Praza Maior. Compra de entradas: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
EXPOSICIÓN “CARTEIS HISTÓRICOS DAS EDICIÓNS DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO”.
Lugar: Local Social da Madalena, en Ribadavia.
Horario: Venres: de 16:00 – 21:00 h /Sábado: de 12:00 – 14:00 h e de 16:00 – 21:00 h
ZONA INFANTIL “Ribeirolandia”
Actividades para nenos e nenas
Horario: venres: 19.00 h a 21.30 h
Sábado e domingo: 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h
Prezo: 5€/nen@ – día completo.
Venta de pulseiras: na entrada da picuxa.
FESTIVALIÑO ON THE ROAD
Espectáculo infantil de animación e curtametraxes. Para neno/as de 0 a 12 anos.
Horario: Sábado: 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 20.00 h
Entrada de balde.