Eventos

Programación de Nadal en Taboadela

A programación de Nadal en Taboadela comezará este xoves, 8 de decembro, e rematará o 4 de xaneiro cun percorrido dos Reis Magos polo concello.

A Biblioteca de Taboadela terá un importante protagonismo durante o Nadal de 2022. Varias actividades das que atoparemos no programa realizaranse neste espazo. No últimos tempos, a Biblioteca de Taboadela está sendo unha importante ferramenta na dinamización cultural, educativa e de lecer do concello como quedará demostrado nestas datas.

Programación de Nadal en Taboadela

Un mes de actividade para que todos os veciños de Taboadela gocen do Nadal. Contacontos, festas, visita a Pazolandia ou a chegada de Papá Noel ou os Reis forman parte do cartel de actividades.

  • 8 de decembro
    O Nadal noutras partes do mundo – 18h na Biblioteca
  • 14 de decembro
    Decoracións de Nadal – 18h na Biblioteca
  • 16 de decembro
    Contada de Nadal – 18h na Biblioteca
  • 21 de decembro
    Visita de Papá Noel – 18h na Biblioteca
  • 23 de decembro
    Festa de Papá Noel – 16:30h no Pavillón Municipal
  • 27 de decembro
    Pazolandia – Saída ás 10:15h da Praza do Concello
  • 4 de xaneiro
    Cabalgata de Reis e chocolatada – 18h no Pavillón Municipal
Programación de Nadal en Taboadela

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba